- Autoría: Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galiza
- Ano: 2002
- Páxinas: 41
Descárgao aquí
Constatado que o papel social de homes e mulleres ten mudado substancialmente e que a presencia feminina en tódalas esferas de ámbito laboral é unha realidade, estamos no momento de facer unha avalicación comparativa sobre a igualdade de tratamento que reciben na linguaxe administrativa ámbolos dous colectivos.
Cabe esperar que os cambios sociais vaian modificando o uso da lingua, pero nestes momentos, podémonos propoñe-la promoción dun uso non discriminatorio da linguaxe que contribúa a suprimi-las desvantaxes que tradicionalmente veu supoñendo para as mulleres a ocultación da súa presencia como cidadáns e como profesionais da Administración.
O Servicio Galego de Igualdade, a modo de acción positiva, acometeu o labor de elaborar, desde a perspectiva da igualdade de xénero, esta guía informativa co obxecto de facilita-lo traballo do persoal das distintas Administracións, así como o de toda persoa que se achegue ó ámbito da linguaxe administrativa.
0 comentarios:
Enviar um comentário