• para compartires e descargares!

    Que é o Galegobook?

    O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).

    É, sobre todo, un proxecto persoal-colectivo para difundirmos a bibliografía galega entre o público especializado e non tanto. Porque desde aquí na nosa lingua facemos moito e facémolo tamén moi ben.

    En Galegobook pretendemos subir e ligar un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Seguro que son todos os que están, mais non estarán todos os que son. Se achas en falta algo e se queres axudarnos a mellorar a páxina, somos todo oídos (e ollos). Fala connosco, agradecémoscho e agradecerancho.

    Agardo, car@ visitante, que esta páxina poida servirche de algo.
     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P