• para compartires e descargares!

    Letras galegas e Internet, un salto adiante



    O informe Letras galegas e Internet, un salto adiante recolle o conxunto de relatorios breves sobre as actuais ferramentas tecnolóxicas existentes en galego e sobre novos produtos informáticos que se están a desenvolver nesta lingua presentados na xornada Letras Galegas e Internet, que tivo lugar o 19 de maio de 2011 no Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela.

    Autoría
    : Secretaría Xeral de Política Lingüística
    Ano: 2011
    Páxinas: 30

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Secretaría Xeral de Política Lingüística


    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P